María López Sández
, Alejandro Doval Casas
Este artigo analiza a influencia da variable xénero nas prácticas lingüísticas do profesorado galego a partir do contraste dos datos contidos e analizados no traballo Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión (López-Sández, Loredo e Vázquez-Grandío 2022) e nunha investigación empírica baseada en 241 enquisas administradas a docentes de matemáticas de ensino secundario. Os resultados permiten validar algunhas das hipóteses formuladas previamente, como a maior tendencia das mulleres á converxencia lingüística e á acomodación comunicativa, así como un posible cambio nas xeracións máis novas no que atinxe á identificación co galego. Ao tempo, desbotan ou matizan outras, confirman a relevancia de incorporar a perspectiva de xénero nas investigacións sociolingüísticas e subliñan a necesidade de continuar explorando a intersección entre lingua, identidade e xénero en contextos educativos.