Publicado no ano 2003 o Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral de Francisco Vázquez Saco (VS), o Dr. Vázquez Gallego fíxonos saber que unha persoa de Lugo lle acababa de entregar unha carpeta con novos materiais do sacerdote lugués. Na tal carpeta, ademais de numerosas fotografías e notas referentes basicamente ó patrimonio histórico artístico de Lugo, aparecen papeis de interese fraseolóxico.