María do Cebreiro Rábade Villar
Este ensaio trata un tema chave para o entendemento da cultura galega hoxe en día: a ligazón naturalizada entre o que a autora chama 'a casa común e a súa lingua e territorio'. Rábade Villar reinterpreta esta ecuación ao tempo que suliña a importancia na produción literaria galega do que ela chama, 'o fogar impronunciable', seguindo a Beckett. Centrándose nos traballos de Rosalía de Castro, considerados os textos fundacionais da literatura galega moderna, Rábade Villar demostra como a escritora máis canónica, lonxe de perpetuar unha ilusión de continuidade no contexto da historia literaria galega, sitúa o seu traballo no límite entre a posesión e a desherdanza, así como nas fendas entre a realidade e o medio supernatural, habitado por pantasmas, e que, segundo Rábade Villar, constitúe un dos aspectos máis problemáticos do proxecto nacional.