Este artigo céntrase na cuestión do xénero e na maneira en que os discursos críticos que operan dentro da nación teñen sido condicionados polo xénero, ben implícita ou ben explicitamente. A autora tamén contribúe ao debate emerxente sobre o chamado 'paradigma postnacional', pero dende unha persepectiva máis prudente e máis crítica. A súa achega a esta temática inspírase na terminoloxía do 'intranacional', elaborada, entre outros, por Donald E. Pease, na medida en que esta alternativa non está delimitada cronoloxicamente e admite o que ela chama 'o valor persistente do nacional'. Con todo, o verdadeiro entendemento da historia literaria galega ha de vir da man dun maior distanciamento do termo 'nación'. Na segunda metade deste artigo, a autora explora o potencial doutro indicador de valor literario: o sentimental, que interactúa non só coa nación, senón co xénero e con moitas das dicotomías asociadas ao discurso de xénero.