Eugenia R. Romero
Este artigo ofrécenos unha lectura orixinal dunha obra relativamente recente de Manolo Rivas, probablemente o novelista contemporáneo e escritor de relatos curtos máis coñecido de Galicia. Relendo este traballo (un dos máis extraordinarios dentro da traxectoria rivasiana) dende a perspectiva dos estudos da memoria, e especificamente ao abeiro do concepto de 'lieu de mémoire' de Pierre Nora, o artigo define o concepto de identidade galega en Rivas coma un producto do pasado, aínda que inseparablemente ligado á unha constante reinterpretación e reavaliación do pasado, para o presente e para o futuro. Máis concretamente, explora a reivindicación que Rivas fai dos aspectos populares, tradicionais e folclóricos da identidade galega � a vila, a parroquia, a Santa Compaña, o pazo e o cemiterio � conceptos que a miúdo parecen non casar ben co chamado proceso cara a modernidade galega. O artigo argumenta, en última instancia, que é precisamente na fronteira entre o pasado e o presente onde debemos buscar o significado nacional.