Patricia Buján Otero
O obxectivo deste traballo é describir os campos icónicos máis produtivos e rastrexar a ligazón cultural que ten a fraseoloxía do alemán e do galego no campo semántico da morte e buscar converxencias e diverxencias. A partir dunha clasificación flexible de bloques referenciais e dominios fonte, sinalamos diferentes tipos de motivación semántica, nomeadamente, modelos metafóricos, metonímicos e simbólicos.