O obxectivo do traballo é afondar no estudo diacrónico das perífrases verbais máis comúns do castelán con valor deóntico (haber de + infinitivo, haber que + infinitivo, tener que + infinitivo, deber [de] + infinitivo e poder + infinitivo), empregando como base textual diversas recadádivas paremiolóxicas (Los refranes que dizen las viejas tras el fuego, atribuído ao Marqués de Santillana; o Vokabulario de Refranes i Frases Proverbiales i otras Formulas komunes de la lengua castellana de Correas e o Refranero Multilingüe do Instituto Cervantes). Para iso, nunha primeira fase ofrecemos as premisas metodolóxicas baseadas en tres pilares teóricos: a paremia como texto (corpus lingüístico), as perífrases deónticas como obxecto de estudo e a filosofía moral como ferramenta de análise taxonómica. Na segunda parte do artigo faise un estudo lingüístico das perífrases segundo o método da gramática histórica: primeiramente, ofrécense os datos pertinentes sobre cada unha das obras, dende unha perspectiva sincrónica; e, a continuación, estúdanse as relacións entre as paremias con perífrases dende unha perspectiva diacrónica. As principais conclusións resaltan a relevancia das paremias para coñecer en maior profundidade a historia da nosa lingua, entre outros motivos, porque estas constitúen un xénero textual que permite unha comparación diacrónica nos diversos estadios do idioma