Os clíticos teñen un comportamente bastante peculiar nas linguas románicas que, ata o de agora, non foi suficientemente analizado. Dunha banda, teñen unha colocación en énclise ou próclise que varía segundo as diversas linguas, pero, ademais, o seu uso reiterativo nalgunhas delas (español, galego-portugués, catalán, italiano falado, sardo...) indica que están a sufrir un proceso de gramaticalización que os converte nalgo semellante a morfemas libres do verbo. Segundo a nosa análise, nas o comportamento dos clíticos dentro da estrutura verbal está a transformar a estes en algo moi semellante aos morfemas verbais do euscara que reflicten no verbo a concordancia co obxecto directo e mais o indirecto. Tal comportamento pódese explicar doadamente a través da sintagma verbal "pequeño", o sv que foi introducido co Programa Minimista de Chomsky, nun proceso semellante ao que acontece cos partículas dos verbos preposicionais e frasais do inglés. O confronto entre ! o comportamento dos clíticos en latín e outras linguas, como as xermánicas, basicamente o alemán e o inglés, favorece aínda máis a nosa teoría de os clíticos tornárense en algo semellante a morfemas verbais, mais non como un proceso rematado, como acontece co basco, senón en proceso, o cal explica as mudanzas de orde segundo o contexto sintáctico e outros fenómenos. Daquela, a nosa análise partirá dos complementos (e adxuntos verbais) no SV, para chegar a unha caste de fusión en 'sv', concretamente en v>, e desde aquí continuar o ascenso do verbo cara a SConC e ST, mais xa cos clíticos dentro da morfoloxía verbal. Esta análise realizarase con varias linguas románicas e mesmo chegaremos a mostrar como nas linguas do norte de Italia (desde o lombardo ata o friulano) o fenómeno alcanza mesmo ao suxeito, o cal explica as construcións de suxeito como SD ou SN e mais clítico.