Ir al contenido

Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Sobre a revista

Estudios de Sociolingüística. Linguas, sociedades e culturas (EdS) edita dous números por ano. Diríxese a un público lector especializado, nacional e internacional, e adopta unha concepción ampla sobre os límites da sociolingüística, asumindo como propio o seu carácter interdisciplinar.

Os editores convidamos ós investigadores/as a colaborar con EdS, enviándonos artigos e recensións. Unha parte dos números de EdS han ser monográficos. Aceptaranse propostas dos colaboradores para preparar e editar números monográficos colectivos. EdS dará cabida a colaboracións sobre os problemas tradicionais nesta disciplina. EdS tamén dará cabida a colaboracións que se desenvolvan en eidos afíns, como a pragmática, análise do discurso, análise conversacional, lingüística interaccional, etnografía da comunicación, antropoloxía lingüística, etnometodoloxía, adquisición da linguaxe e socialización, etc. Obviamente, asumimos como naturais as diferencias de escola ou de orientación investigadora, e todas elas terán cabida por igual en EdS.

EdS prestaralle unha atención especial a aquelas contribucións teóricas e metodolóxicas da socioloxía, da psicoloxía social ou da antropoloxía que poidan servir para dar consistencia ós fundamentos teóricos e metodolóxicos da sociolingüística, e á difusión entre os sociolingüistas da evolución conceptual nas ciencias sociais. Así mesmo, EdS considera os estudios sobre bilingüismo un eido esencial de conexión da sociolingüística con outras disciplinas (psicolingüística, antropoloxía lingüística, pedagoxía, etc.) e dedicaralle un lugar importante nas súas páxinas.


Mi Hispadoc

Ayuntamiento de LogroñoFundación Dialnet


Coordinado por: Ayuntamiento de Logroño