Ir al contenido

Normas de estilo de publicación en Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Página web de la revista

Normas de Estilo de la Publicación

25/02/2002]
Normas para o envío de orixinais
1. Estudios de Sociolingüística admite traballos inéditos (artigos ou recensións de publicacións) que versen sobre temas relacionados coa sociolingüística entendida nun sentido amplo e interdisciplinar.
2. Aceptaranse traballos escritos nalgunha das seguintes linguas: galego, castelán, catalán, inglés, francés, portugués ou italiano. Tratarase de que en cada número haxa unha presencia notable das grandes linguas de circulación internacional.
3. Tipos de recensións de publicacións. Admitiranse tres tipos de recensións: A) Recensións informativas, de 500 palabras de extensión (1 páxina). B) Recensións críticas de ata 2.000 palabras de extensión (ata 4 páxinas). C) Recensións críticas de ata 4.000 palabras (ata 8
páxinas).
Cada recensión estará encabezada pola ficha bibliográfica completa do traballo comentado. Polo demais, aplicaranse as mesmas normas que a seguir se detallan para os artigos (salvante a ausencia de resumos e palabras clave no caso das recensións).
4. O texto será entregado en formato electrónico. A versión electrónica estará formateada para PC (en WordPerfect 6.1, ou en Word 7) ou para MacIntosh (en Word 5.1, ou en ClarisWorks 3.0).
5. Ó mesmo tempo axuntaranse catro exemplares impresos do texto.
6. O disquete e as catro copias impresas do manuscrito han ser remitidas a: Fernando Ramallo (secretario de Estudios de Sociolingüística); Facultade de Filoloxía e Traducción; Universidade de Vigo; As Lagoas-Marcosende, s/n; Apartado 874; E-36200-Vigo (SPAIN).
7. O número máximo de páxinas será de 30, en dimensión Din A4. Estarán impresas por unha soa cara e numeradas.
8. Xunto co orixinal, deberá enviarse un resumo de 12-15 liñas (entre 150 e 200 palabras), e un listado de palabras clave (un mínimo de 3 e un máximo de 6 palabras). Tanto o resumo como as palabras clave deberán enviarse na lingua de redacción do texto, e mais traducidos ó inglés. Este resumo e máis o listado de palabras clave, nas dúas linguas, deberán estar incorporados na primeira páxina do texto (inmediatamente antes do comezo do mesmo) en Times New Roman a 11 puntos.
9. A primeira páxina do documento deberá conter, por esta orde, e sempre en liñas diferentes: a) o título; b) o nome e apelidos do autor ou autores (e nesta orde); c) a súa institución; d) o enderezo electrónico e/ou o fax do autor; e) palabras-clave (na lingua do artigo e máis en inglés); f) o resumo de 12-15 liñas (na lingua do artigo, seguido da súa traducción ó inglés).
Os datos indicados en a, b, c, e d, deberán estar centrados. A lista de palabras-clave e o resumo (puntos e e f) terán xustificación completa.
O texto iniciarase na segunda páxina do documento. Como encabezado desta páxina, incluirase exclusivamente o título do artigo, o listado de palabras clave e o resumo.
10. Tamén se incluirá na primeira páxina do documento, e inmediatamente despois dos apelidos do autor, unha chamada mediante un asterisco (*) que remitirá a unha nota a pé de páxina na que se indicarán: enderezo postal de contacto do autor (ou dos distintos autores), institución (e enderezo institucional), teléfono particular e/ou do traballo, fax (incluíndo os prefixos nacionais e rexionais correspondentes), e o seu correo electrónico.
11. Os apartados e epígrafes do texto deberán ir sempre ordenados en números árabes (v.g. 1., 3.1, 5.1.2, etc.).
12. Outros aspectos de formato: interliñado a 1,5. Tipo e corpo de letra: Times New Roman de 12 puntos. Marxes: 3 cm á esquerda, á dereita, arriba e abaixo. Xustificación completa. As notas irán situadas a pé de páxina: hanse numerar con números árabes de 1 en adiante, e a numeración avanzará correlativamente desde o principio ata o final do texto. Para os números hanse utilizar 11 puntos, e para o texto das notas 10 puntos (e, en tódolos casos, Times New Roman). As citas a pé de páxina non se utilizarán para introducir novas referencias bibliográficas completas, que, en tódolos casos, estarán incluídas na bibliografía final do traballo.
13. Táboas, cadros e gráficos: tanto na versión electrónica como na impresa, cada táboa, cadro ou gráfico debe estar debidamente inserido no lugar definitivo que lle corresponde. Tódolos cadros, gráficos e táboas deben realizarse coas ferramentas axeitadas que forneza o procesador de textos utilizado para o formato do artigo.
14. Transcrición de fragmentos de fala: utilizaranse as mesmas normas ca no caso precedente. Nos casos en que se empreguen convencións de transcrición, deberá incluirse un "Apéndice" de convencións de transcrición, que irá colocado ó final do texto, e inmediatamente antes das referencias bibliográficas.
Os exemplos e fragmentos de transcrición (monolingües, bi- e plurilingües) deberán estar, no seu caso, acompañados (e en liñas independentes e sucesivas) da glosa correspondente na lingua de redacción do texto, e máis da súa traducción a esta lingua.
15. Remisións bibliográficas dentro do texto. O formato debe se-lo seguinte:
(Hymes, 1974: 122-23)
(Hymes, 1974: 122-23; Dorian, 1981: 16)
(Fishman, 1968a, 1968b; Fishman, Ferguson & Das Gupta, 1968)

16. Modelo de cita bibliográfica literal: utilice sangría francesa de 1,25 cm. Corpo e tipo de letra: Times New Roman de 10 puntos. O texto debe ter unha xustificación completa.
17. Un apartado titulado "Referencias bibliográficas" deberá ser incluído ó final do manuscrito. Siga o seguinte modelo:
Auer, P. (1997). "Bilingual conversation analysis and beyond". Comunicación presentada no First
International Symposium on Bilingualism, Newcastle upon Tyne, 9-12 abril 1997, Inglaterra.
Auer, P. (2000). "Why should we and how can we determine the "base language" of a bilingual
conversation?". In X.P. Rodríguez-Yáñez, A.M. Lorenzo Suárez & C. Cabeza Pereiro (Eds.), Bilingüismo / Bilingualism (= Estudios de Sociolingüística, Vol. 1:1). Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.
Fernández, M.A. (1993). Diglossia. A Comprehensive Bibliography 1960-1990 (and Supplements).
Amsterdam & Filadelfia: John Benjamins.
Fishman, J. (ed.) (1968). Readings in the Sociology of Language. A Haia: Mouton.
Gumperz, J.J. & D. Hymes (1972). Directions in Sociolinguistics. Nova York: Holt, Rinehart & Winston.
Heller, M. (1995). "Code-switching and the politics of language". In L. Milroy & P. Muysken (Eds.), One
speaker, two languages. Cross-disciplinary perspectives on code-switching. Cambridge: Cambridge
University Press, 158-74.
Labov, W. (1972). Sociolinguistic Patterns. Filadelfia: University of Pennsylvania Press.
Lanza, E. (1992). "Can bilingual two years olds switch?", Journal of Child Language 19, 633-58.
Nussbaum, L. (1991). "Plurilingualism in a foreign language classroom in Catalonia". In Papers for the Workshop on Impact and Consequences: Broader Considerations (Bruselas, 22-24 Novembro 1990, Network on Code-Switching and Language Contact). Estrasburgo: European Science Foundation, 141-63.
Romaine, S. (1995). Bilingualism (2ª edición). Oxford: Blackwell.
18. Outras consideracións de estilo han ser arranxadas polos editores.
19. Os orixinais recibidos que cumpran estas normas serán avaliados (mantendo sempre o anonimato do autor do traballo) por especialistas do Comité Científico de Estudios de Sociolingüística. Á vista do informe dos avaliadores, o Comité de Redacción decidirá sobre a súa publicación.


Mi Hispadoc

Ayuntamiento de LogroñoFundación Dialnet


Coordinado por: Ayuntamiento de Logroño