Gabino S. Vázquez Grandío
Modo galego, actívao! é un proxecto de dinamización lingüística desenvolvido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, en colaboración cos distintos axentes da comunidade educativa local. Ao seu abeiro, deseñamos, implementamos e avaliamos dis-tintas iniciativas orientadas á educación formal e non formal, co obxectivo de activar a lingua galega entre o alumnado e converter os centros de ensino en “espazos seguros” para o seu uso. Neste artigo expoñemos o desenvolvemento, execución e resultados da primeira edición, no curso 2022-2023, dunha das actividades centrais da programación anual do Modo galego, actívao!: o “programa de compromiso lingüístico”. Tras explicar as súas prin-cipais características, exporemos os resultados da avaliación desta primeira experiencia e as sucesivas modificacións realizadas de acordo aos datos ata chegar á proposta vixente.